Comedor Escolar
Informámosvos de que o comedor empezará a funcionar o día 8 de setembro coa volta
ao cole, sempre e cando xuntemos un mínimo de nenos/as, polo que é moi importante que os que estedes interesados no lo fagades saber canto antes.
Recordarvos tamén que para facer uso do comedor é necesario que sexades socios da ANPA realizando o pago anual de 15€ por familia, como se indica na carta de benvida.
Menú de Maio
Tamén mandamos os novos
prezos.
Como veredes tamén se inclúen os prezos do servizo de madruga, se houbese un mínimo de interesados tamén poderíamos mirar de poñelo en funcionamento, polo que, se vos interesa facédenolo saber.
Os usuarios/as do servizo de comedor deberán respectar as seguintes normas básicas:
1. As familias deben respectar os horarios de recollida dos nenos/as e seguirán en todo momento as indicacións facilitadas pola monitora. Só poderá acceder á recollida dos nenos/as unha persoa autorizada de cada unidade familiar.
2. O horario de entrada ao comedor será ao remate do horario lectivo, e farase directamente dende o centro escolar. Os nenos/as poderán ser recollidos entre as 15:30 h e as 16:00 h.
3. A monitora poderá solicitar o DNI a toda persoa que vaia recoller un neno/a. De non serlle facilitado, procederá a contactar cos pais ou titores legais do usuario/a.
4. A recollida dos nenos/as farase directamente na porta do comedor, tras ter accedido pola porta principal do recinto escolar, que se atopa na parte frontal do edificio.
5. Dacordo coa normativa actual de prevención da COVID-19 será obrigado o uso da máscara e deberase gardar a distancia de seguridade, así como respectar os protocolos sanitarios vixentes en cada momento.
6. Os usuarios/as esporádicos deberán comunicar antes das 9:00 h. do mesmo día a súa asistencia, no número 603 80 56 87, preferentemente por Whatsapp.
7. As familias deberán avisar aos acompañantes do transporte escolar da asistencia dos nenos/as ao servizo de comedor.
8. En caso de que os usuarios/as teñan algún tipo de alerxia ou complicación médica, as familias deberán notificalo debidamente á ANPA Outeiro de Vea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario