venres, 9 de setembro de 2022

Dámosvos a benvida a un novo curso escolar

Estimadas familias: 

Comeza un novo curso e dende a ANPA queremos darvos a benvida a todas. 

Agora que por fin volvemos a unha relativa normalidade, tras ter pasado os complicados tempos marcados pola pandemia, estamos traballando aínda con máis ilusión para consolidar o comedor escolar; este servizo, tan demandado en anos anteriores, botou a andar o curso pasado e demostrou ser un elemento de conciliación moi importante. É por iso que vos animamos a facer uso do mesmo, e agradecemos a colaboración de todas as familias que xa o utilizan. 

Este curso propoñemos tamén unha oferta ampla de actividades extraescolares, compaxinando os seus horarios co do comedor para facilitar un pouquiño máis a conciliación. Animámosvos a participar nestas propostas, que agardamos sexan do voso agrado. 

Por último, lembrámosvos que seguimos traballando e colaborando co centro e as familias para que os nosos nenos e nenas gocen do mellor entorno educativo posible. Non dubidedes en contactar connosco para facernos chegar as vosas suxerencias ou inquedanzas. 

A cota de afiliación á ANPA é a mesma ca en anos anteriores, 15 euros anuais por familia. Ser socios é indispensable para poder inscribirse nas actividades extraescolares, e é un xeito de contribuír a que sigamos avanzando para mellorar o paso dos nosos nenos e nenas pola etapa de Infantil e Primaria. Podedes aboar a cota de dous xeitos: 

1. Facendo un ingreso na conta da ANPA en ABANCA, indicando o nome da familia que realiza o pagamento. 

ES23-2080-5107-11-3040002546

2. No local da ANPA haberá persoal da directiva que cobrará en efectivo o luns 12 de setembro de 9:00 a 11:00 h. 

ASOCIÁDEVOS. AGARDÁMOSVOS. 
Blogue: anpaouteirodevea.blogspot.com 
Facebook: ANPA Outeiro de Vea 
Correo electrónico: anpaouteirodevea@gmail.com

Ningún comentario: