venres, 5 de setembro de 2025

Convocatoria Asemblea

 

CONVOCATORIA ASEMBLEA

ANPA Outeiro de Vea do CEIP Manuel Villar Paramá

 

Convócase aos socios e socias a unha asemblea que terá lugar o vindeiro 23 de setembro, ás 19:00 horas en primeira convocatoria e 19:30 horas en segunda convocatoria, no local da ANPA sito no CEIP Manuel Villar Paramá, Outeiro de Vea, 6, San Xurxo de Vea, con arranxo a seguinte:

Orde do día:

Primeiro: Cambio de directiva.

Segundo: Actividades extraescolares.

Terceiro: Plan madruga.

Cuarto: Rogos e preguntas.

 

A Estrada, 5 de setembro de 2025


NOTA: 

Lembrámosvos que a ANPA é un importante órgano de comunicación entre as familias e o centro educativo. Día a día traballamos para que os nosos nenos e nenas gocen do mellor entorno educativo posible. Por iso, pedímosvos a vosa participación para coñecer as necesidades e inquietudes das familias asociadas.

mércores, 3 de setembro de 2025

Plan madruga

Bo día, dende a directiva da ANPA estamos a estudar a posibilidade de contratar o Plan Madruga. Este sería xestionado por nós, xa que non o levaría a consellería e o colexio como no caso do comedor. 

Para ver a viabilidade, precisamos que nos notifiquedes canto antes cantas familias estaríades interesadas. 

Podedes facelo a través do noso correo:

anpaouteirodevea@gmail.com


martes, 10 de outubro de 2023

Reunión de comezo de curso

Estimadas familias,


    Este mércores, 11 de outubro, celebraremos ás 20:30 h. a reunión de comezo de curso. Nela daremos a benvida especialmente ás novas familias que este ano se incorporan á comunidade educativa do CEIP Manuel Vilar Paramá, pero está aberta tamén a todas aquelas persoas que queiran participar, aportar ideas ou solucionar algunha cuestión.


Animádevos a participar!

venres, 15 de setembro de 2023

Benvidos ao novo curso 2023/2024

Estimadas familias:

Comeza un novo curso e dende a ANPA queremos darvos a benvida a todas.
En primeiro lugar, poñemos no voso coñecemento que houbo algúns cambios na xunta directiva da ANPA; algunhas seguimos despois de varios anos, e outras asumen por primeira vez estas funcións, mais todas temos un único obxectivo común: velar polo benestar dos nosos fillos e fillas e construír diálogo entre as familias e o centro.

Como xa saberedes, o comedor escolar pasa a depender da Xunta este curso, o cal
supón algúns cambios importantes. Aínda que este servizo xa non dependa
directamente da ANPA, seguiremos prestando a nosa colaboración para que todo
marche ben, tendo en conta que o comedor xoga un papel importante para a conciliación no caso de moitas familias. Nesta liña de mellora da conciliación familiar e laboral, estamos a traballar para que se abra o servizo de biblioteca este curso, e tamén exploraremos a posibilidade de solicitar o Plan Madruga, no caso de que haxa suficientes familias interesadas.

Do mesmo xeito que en anos anteriores, propoñemos unha ampla oferta de actividades extraescolares que compaxinan os horarios co comedor, para facilitar a conciliación. Agardamos que as actividades sexan do voso agrado e que vos animedes a participar nelas.

No apartado de actividades extraescolares do blog tedes xa colgadas as que vos propoñemos para este ano.

Xa para rematar, lembrámosvos que a ANPA é un importante órgano de comunicación entre as familias e o centro educativo. Día a día traballamos para que os nosos nenos e nenas gocen do mellor entorno educativo posible. Por iso, pedímosvos que non dubidedes en contactar connosco para facernos chegar as vosas suxestións ou inquedanzas (anpaouteirodevea@gmail.com). Ademais, este ano imos poñer en funcionamento unha lista de difusión de Whatsapp (adxuntamos impreso de inscrición).


A cota de afiliación á ANPA é a mesma ca en anos anteriores, 15 euros anuais por
familia. Ser socios é indispensable para poder inscribirse nas actividades extraescolares, e é un xeito de contribuír a que sigamos avanzando para mellorar o paso dos nosos nenos e nenas pola etapa de Infantil e Primaria. Podedes aboar a cota de dous xeitos:

- Facendo un ingreso na conta da ANPA en ABANCA: ES23-2080-5107-11-3040002546, indicando o nome da familia que realiza o pagamento.

- No local da ANPA haberá persoal da directiva que cobrará en efectivo o xoves
21 de 15:00 a 16:00 h. e o venres 22 de setembro, de 9:00 a 10:00 h.

Este ano pedímosvos tamén unha autorización para poder publicar aquí imaxes das actividades que organizamos do centro (actividades extraescolares, chocolatada, merenda e xornada lúdica de fin de curso,...)


ASOCIÁDEVOS. AGARDÁMOSVOS.

Blogue: anpaouteirodevea.blogspot.com

Facebook: ANPA Outeiro de Vea

Correo electrónico: anpaouteirodevea@gmail.com

xoves, 22 de xuño de 2023

Asemblea Extraordinaria de Socios

Este xoves 22 de Xuño, no local da ANPA, terá lugar ás 20:30 en primeira convocatoria e ás 21:00 en segunda convocatoria unha asemblea extraordinaria de soci@s.

Orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Estado de contas.
3. Presentación de candidaturas para a renovación da Xunta Directiva de cara ao vindeiro curso 23/24.
4. Renovación de membros da ANPA.
5. Informe dos acordos e peticións no consello escolar.
6. Rogos e preguntas.

Pregamos a asistencia de todos os socios.

mércores, 10 de maio de 2023

martes, 11 de abril de 2023