venres, 3 de decembro de 2021

Xa chegou o Nadal ao comedor escolar

Comezamos o mes de decembro, mes do Nadal, e os nosos cativos do comedor escolar xa se puxeron mans a obra para festexar esta época do ano. Aquí vos deixamos o menú deste mes e algunha foto dos adornos realizados polos nosos artistas.









luns, 29 de novembro de 2021

O ladrón dos paraugas

Este mércores terá lugar no teatro principal de A Estrada a presentación dun libro de temática infantil creado por os estradenses Xosé Lueiro e Sara Valcárcel. Aquí vos deixamos unha pequena reseña do contido do libro, así cómo un enlace a unha nova publicada estos días na prensa por se é do voso interese.


Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, quere saber de que cor é o vento. Para descubrilo, emprenderá unha fantástica viaxe, collido á empuñadura dun paraugas, onde, o moi sabichón, dará cumprida resposta ao seu misterio.

Enlace á nova de La Voz de Galicia.




luns, 1 de novembro de 2021

Xa temos comedor escolar

A partir deste martes 2 de Novembro o CEIP Manuel Villar Paramá contará con comedor escolar xestionado pola ANPA Outeiro de Vea. Esperamos, deste xeito, poder axudar á conciliación das familias con cativos matriculados no noso centro.

Como xa vos informamos por carta, as familias que queiran utilizar o comedor en días esporádicos, deberán notificárnolo antes das 9 da mañá do día que queiran deixar o neno ou nena a xantar no centro.

Premendo neste texto podedes ver as normas do Comedor Escolar.



venres, 1 de outubro de 2021

Actividades Extraescolares programadas pola ANPA para o curso 2021-2022

Estas son as actividades extraescolares que vos propoñemos para o curso 2021/2022. Todas elas están condicionadas a acadar un grupo mínimo de alumnos para poder levarse a cabo.
Polo de agora teñen grupo formado e comezarán a desenrolarse a partir do vindeiro luns 4 as seguintes:
- Piscina de 4 a 7 anos. 
- Zumba.


Detalle dos horarios das actividades: