xoves, 29 de setembro de 2022
venres, 9 de setembro de 2022
Proposta de Actividades extraescolares para o curso 2022/23
Detallámosvos a continuación a oferta de actividades extraescolares que propoñemos para este curso:
- Técnicas de estudo: de 16:00 h a 17:00 h os luns e mércores. Imparte Aa40Estudo.
Axuda para que os nenos e nenas aprendan a resumir, facer esquemas e traballar con todo tipo de técnicas que lle faciliten a comprensión e aprendizaxe.
O custo é de 45 €/mes dous días; ou 25€/mes un só día. Desconto de 2€ para o segundo irmán ou sucesivos.
- Natación: de 17:45 h a 18:30 h, os luns. Piscina climatizada de Teo.
Nenos e nenas a partir de 4 anos. 30€/trimestre.
- Robótica: de 16:00 h a 17:00 h, os martes. Imparte Aa40Estudo.
Inclúe todo o material necesario para as clases. 25 €/mes.
- Zumba: de 16:00 h a 17:00 h, os mércores. Imparte Priscila.
O custo é de 10€/mes.
- Baile: de 16:00 h a 17:00 h, os xoves. Imparte SondoDance.
O custo é de 12€/mes, 10€ para irmáns.
- Patinaxe/Hockey: de 16:00 h a 17:30 h, os venres. Imparte DiverPatin.
O custo é de 20€/mes.
Pregámosvos que nos notifiquedes se tedes interese por algunha das actividades o vindeiro luns 12 de setembro, para coñecer canto antes a demanda de cada unha e ver se é posible poñelas en marcha.
Recordarvos tamén que para realizar as actividades promovidas pola ANPA hai que ser socio do mesma, facendo o pago da cota anual de 15€ por familia cómo se indica na carta de benvida.
Se algunha familia non recibiu a carta coas actividades e formulario anexo para anotarse, é suficiente con que nos indique o nome do neno ou nena e as actividades que son do seu interese. Poden facelo enviándonos unha nota ao colexio, por correo electrónico ou whatsapp.
Dámosvos a benvida a un novo curso escolar
Estimadas familias:
Comeza un novo curso e dende a ANPA queremos darvos a benvida a todas.
Agora que por fin volvemos a unha relativa normalidade, tras ter pasado os complicados tempos marcados pola pandemia, estamos traballando aínda con máis ilusión para consolidar o comedor escolar; este servizo, tan demandado en anos anteriores, botou a andar o curso pasado e demostrou ser un elemento de conciliación moi importante. É por iso que vos animamos a facer uso do mesmo, e agradecemos a colaboración de todas as familias que xa o utilizan.
Este curso propoñemos tamén unha oferta ampla de actividades extraescolares, compaxinando os seus horarios co do comedor para facilitar un pouquiño máis a conciliación. Animámosvos a participar nestas propostas, que agardamos sexan do voso agrado.
Por último, lembrámosvos que seguimos traballando e colaborando co centro e as familias para que os nosos nenos e nenas gocen do mellor entorno educativo posible. Non dubidedes en contactar connosco para facernos chegar as vosas suxerencias ou inquedanzas.
A cota de afiliación á ANPA é a mesma ca en anos anteriores, 15 euros anuais por familia. Ser socios é indispensable para poder inscribirse nas actividades extraescolares, e é un xeito de contribuír a que sigamos avanzando para mellorar o paso dos nosos nenos e nenas pola etapa de Infantil e Primaria. Podedes aboar a cota de dous xeitos:
1. Facendo un ingreso na conta da ANPA en ABANCA, indicando o nome da familia que realiza o pagamento.
ES23-2080-5107-11-3040002546
2. No local da ANPA haberá persoal da directiva que cobrará en efectivo o luns 12 de setembro de 9:00 a 11:00 h.
ASOCIÁDEVOS. AGARDÁMOSVOS. Blogue: anpaouteirodevea.blogspot.com Facebook: ANPA Outeiro de Vea Correo electrónico: anpaouteirodevea@gmail.com
mércores, 7 de setembro de 2022
Comezamos o comedor escolar có novo curso
Comezamos un novo curso có comedor escolar. Cómo xa sucedía o ano pasado, cando se queira anotar algún neno ou nena para días soltos debe facerse antes das 9 da mañá do día no que quedaría a comer no centro.
Para anotarse deberán facelo a través do seguinte teléfono 603805687.
Deixamos aquí o menú deste mes.
Recordarvos tamén que para facer uso do comedor é necesario que sexades socios da ANPA realizando o pago anual de 15€ por familia, como se indica na carta de benvida.
luns, 5 de setembro de 2022
Servizo de Comedor e Actividades para o curso 2022/23
Bo día.
Esperamos que pasásedes un bo verán. Agora comezamos a conta atrás para dar inicio ao cole.
Informámosvos de que o comedor empezará a funcionar o día 8 de setembro coa volta ao cole, sempre e cando xuntemos un mínimo de nenos/as. Tamén mandamos os novos prezos. Tedes ata o martes 6 de setembro para avisar no teléfono 603805687 dos nenos/as que van empezar a quedar no comedor.
Por outra parte, os nenos/as que se apunten a zumba será o mesmo día e no mesmo horario que o curso pasado, os mércores de 16:00 a 16:50 horas. Xa podedes anotarvos no teléfono anterior.
O día 8 mandaremos as ofertas de máis actividades extraescolares que esperamos sexan do voso interés.
Un saúdo e feliz curso.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)