luns, 29 de novembro de 2021

O ladrón dos paraugas

Este mércores terá lugar no teatro principal de A Estrada a presentación dun libro de temática infantil creado por os estradenses Xosé Lueiro e Sara Valcárcel. Aquí vos deixamos unha pequena reseña do contido do libro, así cómo un enlace a unha nova publicada estos días na prensa por se é do voso interese.


Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, quere saber de que cor é o vento. Para descubrilo, emprenderá unha fantástica viaxe, collido á empuñadura dun paraugas, onde, o moi sabichón, dará cumprida resposta ao seu misterio.

Enlace á nova de La Voz de Galicia.




luns, 1 de novembro de 2021

Xa temos comedor escolar

A partir deste martes 2 de Novembro o CEIP Manuel Villar Paramá contará con comedor escolar xestionado pola ANPA Outeiro de Vea. Esperamos, deste xeito, poder axudar á conciliación das familias con cativos matriculados no noso centro.

Como xa vos informamos por carta, as familias que queiran utilizar o comedor en días esporádicos, deberán notificárnolo antes das 9 da mañá do día que queiran deixar o neno ou nena a xantar no centro.

Premendo neste texto podedes ver as normas do Comedor Escolar.