martes, 21 de outubro de 2025
venres, 5 de setembro de 2025
Convocatoria Asemblea
CONVOCATORIA ASEMBLEA
ANPA Outeiro de Vea do CEIP Manuel Villar Paramá
Convócase aos socios e
socias a unha asemblea que terá lugar o vindeiro 23 de setembro, ás 19:00 horas
en primeira convocatoria e 19:30 horas en segunda convocatoria, no local da
ANPA sito no CEIP Manuel Villar Paramá, Outeiro de Vea, 6, San Xurxo de Vea,
con arranxo a seguinte:
Orde do día:
Primeiro: Cambio de directiva.
Segundo: Actividades extraescolares.
Terceiro: Plan madruga.
Cuarto: Rogos e preguntas.
A
Estrada, 5 de setembro de 2025
Lembrámosvos que a ANPA é un importante órgano de comunicación entre as
familias e o centro educativo. Día a día traballamos para que os nosos nenos e
nenas gocen do mellor entorno educativo posible. Por iso, pedímosvos a vosa participación
para coñecer as necesidades e inquietudes das familias asociadas.
mércores, 3 de setembro de 2025
Plan madruga
Bo día, dende a directiva da ANPA estamos a estudar a posibilidade de contratar o Plan Madruga. Este sería xestionado por nós, xa que non o levaría a consellería e o colexio como no caso do comedor.
Para ver a viabilidade, precisamos que nos notifiquedes canto antes cantas familias estaríades interesadas.
Podedes facelo a través do noso correo:
anpaouteirodevea@gmail.com

