Actividades extraescolares

Estimadas familias,

Detallámosvos a continuación as actividades extraescolares para as que se formou grupo este curso:
➢ Prégase que, dentro do posible, os nenos e nenas cheguen 5 min. antes do comezo das actividades, para poder aproveitar o horario ao máximo. 

➢ No caso da actividade de natación, os nenos e nenas deben levar, ademais de bañador, gorro e chanclas. Importante: ás 17:45 h. comeza a actividade, co cal a esa hora deben estar xa no interior das instalacións, sentados nos bancos que hai a carón da piscina. 

➢ O pago das actividades levarase a cabo no local da ANPA, no primeiro día de mes en que cadre cada actividade. 

Grazas pola vosa colaboración!

Oferta de actividades extraescolares que propoñemos para este curso:

Técnicas de estudo: de 16:00 h a 17:00 h os luns e mércores. Imparte Aa40Estudo.

Axuda para que os nenos e nenas aprendan a resumir, facer esquemas e traballar con todo tipo de técnicas que lle faciliten a comprensión e aprendizaxe. 

O custo é de 45 €/mes dous días; ou 25€/mes un só día. Desconto de 2€ para o segundo irmán ou sucesivos.

Natación: de 17:45 h a 18:30 h, os luns. Piscina climatizada de Teo. 

Nenos e nenas a partir de 4 anos. 30€/trimestre. 

Robótica: de 16:00 h a 17:00 h, os martes. Imparte Aa40Estudo. 

Inclúe todo o material necesario para as clases. 25 €/mes. 

Zumba: de 16:00 h a 17:00 h, os mércores. Imparte Priscila. 

O custo é de 10€/mes.

Baile: de 16:00 h a 17:00 h, os xoves. Imparte SondoDance. 

O custo é de 12€/mes, 10€ para irmáns. 

Patinaxe/Hockey: de 16:00 h a 17:30 h, os venres. Imparte DiverPatin. 

O custo é de 20€/mes. 

Pregámosvos que nos notifiquedes se tedes interese por algunha das actividades o vindeiro luns 12 de setembro, para coñecer canto antes a demanda de cada unha e ver se é posible poñelas en marcha.

Se algunha familia non recibiu a carta coas actividades e formulario anexo para anotarse, é suficiente con que nos indique o nome do neno ou nena e as actividades que son do seu interese. Poden facelo enviándonos unha nota ao colexio, por correo electrónico ou whatsapp.






Ningún comentario: