O vindeiro xoves 24 de outubro está convocada unha folga no sistema educativo galego en contra da LOMCE á que están convocados todos os sectores afectados: docentes, alumnado, familias e persoal dos centros educativos. A convocatoria vén da man da Plataforma Galega de Defensa do Ensino Público e a ela adheríronse outros colectivos e organizacións entre as que está a CONFAPA, Confederación Galega de ANPAs dos Centros Públicos.
A Xunta directiva da ANPA Outeiro de Vea considera que é o seu deber informar aos seus asociados desta convocatoria para que despois cada familia tome a decisión persoal de enviar ou non os nenos ao cole esa xornada.
Toda a información sobre a convocatoria podédela consultar na seguinte ligazón:
Ningún comentario:
Publicar un comentario