Unha vez feito o reconto das vosas peticións de actividades extraescolares para o curso que acaba de empezar, a continuación mostramos o cadro completo das que, finalmente, se desenvolverán. Lamentablemente, nin xadrez, nin inglés, nin teatro tiveron a suficiente acollida como para formar grupo.
Por suposto, calquera nen@ que aínda queira anotarse nestas actividades está a tempo; tan só tedes que poñervos en contacto connosco para incluíl@s na listaxe definitiva de inscritos. De feito, na actividade de judo, o número de inscritos está moi no límite dos mínimos esixidos polos responsables da actividade; neste senso, o primeiro día da actividade (mércores 1 de outubro) celebrarase unha xornada de portas abertas para que os nenos e nenas (e as familias) coñezan de primeira man a actividade. Animádevos a participar!
O cadro completo da oferta sería:
LUNS Inicio das clases 6 de outubro
- NATACIÓN Piscina da Ramallosa (17:45 a 18:30) PRAZAS ADXUDICADAS
- NATACIÓN Piscina da Estrada (17:15 a 18:00) Quedan catro prazas por cubrir.
O cobro desta actividade realizarase a semana que vén no local da ANPA nas quendas habituais.
MARTES Inicio das clases 7 de Outubro
- MANUALIDADES (16:00 a 17:15) no local da ANPA
MÉRCORES Inicio das clases 1 de Outubro
- JUDO (16:00 a 17:00) no pavillón do colexio
- INFORMÁTICA (16:00 A 17:00) na aula de informática do colexio
XOVES Inicio das clases 2 de Outubro
- FÚTBOL (16:30 A 18:00) no pavillón do colexio
Ningún comentario:
Publicar un comentario