Este mércores terá lugar no teatro principal de A Estrada a presentación dun libro de temática infantil creado por os estradenses Xosé Lueiro e Sara Valcárcel. Aquí vos deixamos unha pequena reseña do contido do libro, así cómo un enlace a unha nova publicada estos días na prensa por se é do voso interese.
Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, quere saber de que cor é o vento. Para descubrilo, emprenderá unha fantástica viaxe, collido á empuñadura dun paraugas, onde, o moi sabichón, dará cumprida resposta ao seu misterio.
Enlace á nova de La Voz de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario