venres, 9 de setembro de 2022

Dámosvos a benvida a un novo curso escolar

Estimadas familias: 

Comeza un novo curso e dende a ANPA queremos darvos a benvida a todas. 

Agora que por fin volvemos a unha relativa normalidade, tras ter pasado os complicados tempos marcados pola pandemia, estamos traballando aínda con máis ilusión para consolidar o comedor escolar; este servizo, tan demandado en anos anteriores, botou a andar o curso pasado e demostrou ser un elemento de conciliación moi importante. É por iso que vos animamos a facer uso do mesmo, e agradecemos a colaboración de todas as familias que xa o utilizan. 

Este curso propoñemos tamén unha oferta ampla de actividades extraescolares, compaxinando os seus horarios co do comedor para facilitar un pouquiño máis a conciliación. Animámosvos a participar nestas propostas, que agardamos sexan do voso agrado. 

Por último, lembrámosvos que seguimos traballando e colaborando co centro e as familias para que os nosos nenos e nenas gocen do mellor entorno educativo posible. Non dubidedes en contactar connosco para facernos chegar as vosas suxerencias ou inquedanzas. 

A cota de afiliación á ANPA é a mesma ca en anos anteriores, 15 euros anuais por familia. Ser socios é indispensable para poder inscribirse nas actividades extraescolares, e é un xeito de contribuír a que sigamos avanzando para mellorar o paso dos nosos nenos e nenas pola etapa de Infantil e Primaria. Podedes aboar a cota de dous xeitos: 

1. Facendo un ingreso na conta da ANPA en ABANCA, indicando o nome da familia que realiza o pagamento. 

ES23-2080-5107-11-3040002546

2. No local da ANPA haberá persoal da directiva que cobrará en efectivo o luns 12 de setembro de 9:00 a 11:00 h. 

ASOCIÁDEVOS. AGARDÁMOSVOS. 
Blogue: anpaouteirodevea.blogspot.com 
Facebook: ANPA Outeiro de Vea 
Correo electrónico: anpaouteirodevea@gmail.com

mércores, 7 de setembro de 2022

Comezamos o comedor escolar có novo curso

Comezamos un novo curso có comedor escolar. Cómo xa sucedía o ano pasado, cando se queira anotar algún neno ou nena para días soltos debe facerse antes das 9 da mañá do día no que quedaría a comer no centro.


Para anotarse deberán facelo a través do seguinte teléfono 603805687.
Deixamos aquí o menú deste mes.


Recordarvos tamén que para facer uso do comedor é necesario que sexades socios da ANPA realizando o pago anual de 15€ por familia, como se indica na carta de benvida.



luns, 5 de setembro de 2022

Servizo de Comedor e Actividades para o curso 2022/23

Bo día. 

Esperamos que pasásedes un bo verán. Agora comezamos a conta atrás para dar inicio ao cole.

Informámosvos de que o comedor empezará a funcionar o día 8 de setembro coa volta ao cole, sempre e cando xuntemos un mínimo de nenos/as. Tamén mandamos os novos prezos. Tedes ata o martes 6 de setembro para avisar no teléfono 603805687 dos nenos/as que van empezar a quedar no comedor. 

Por outra parte, os nenos/as que se apunten a zumba será o mesmo día e no mesmo horario que o curso pasado, os mércores de 16:00 a 16:50 horas. Xa podedes anotarvos no teléfono anterior. 

O día 8 mandaremos as ofertas de máis actividades extraescolares que esperamos sexan do voso interés. 

Un saúdo e feliz curso. 

martes, 23 de agosto de 2022

III CAMPUS PRAÍÑA VOLTA O COLE PERNAS MULTICENTRO

Engadimos a seguinte información que nos fan chegar por se hai cativos e cativas interesados en anotarse.

📍 Campo Juan Amado (Reis-Teo)
🗓️ Do 29 de agosto ó 2 de setembro
⏰ 10:00-14:00H
👧🏻🧒🏻 4 a 15 anos 
💰 50€ xogadores do Praíña
60€ xeral
*Descontos para 2 irmán

Vén a disfrutar dunha semana chea de fútbol, deporte, amizade, compañeirismo e diversión❗

INSCRIPCIÓN


martes, 31 de maio de 2022

Menú de Xuño no Comedor Escolar, tamén incluimos o menú sen glute

 Adxuntamos o menú para o mes de Xuño no comedor escolar, este mes solicitamos tamén o menú que será servido ao alumnado con intolerancia ao glute.