Estimadas familias:
Comeza un novo curso e dende a ANPA queremos darvos a benvida a todas.
Agora que por fin volvemos a unha relativa normalidade, tras ter pasado os complicados
tempos marcados pola pandemia, estamos traballando aínda con máis ilusión para consolidar
o comedor escolar; este servizo, tan demandado en anos anteriores, botou a andar o curso
pasado e demostrou ser un elemento de conciliación moi importante. É por iso que vos
animamos a facer uso do mesmo, e agradecemos a colaboración de todas as familias que xa
o utilizan.
Este curso propoñemos tamén unha oferta ampla de actividades extraescolares,
compaxinando os seus horarios co do comedor para facilitar un pouquiño máis a conciliación.
Animámosvos a participar nestas propostas, que agardamos sexan do voso agrado.
Por último, lembrámosvos que seguimos traballando e colaborando co centro e as familias
para que os nosos nenos e nenas gocen do mellor entorno educativo posible. Non dubidedes
en contactar connosco para facernos chegar as vosas suxerencias ou inquedanzas.
A cota de afiliación á ANPA é a mesma ca en anos anteriores, 15 euros anuais por familia. Ser
socios é indispensable para poder inscribirse nas actividades extraescolares, e é un xeito de
contribuír a que sigamos avanzando para mellorar o paso dos nosos nenos e nenas pola etapa
de Infantil e Primaria. Podedes aboar a cota de dous xeitos:
1. Facendo un ingreso na conta da ANPA en ABANCA, indicando o nome da familia que realiza o pagamento.
ES23-2080-5107-11-3040002546
2. No local da ANPA haberá persoal da directiva que cobrará en efectivo o luns 12 de
setembro de 9:00 a 11:00 h.
ASOCIÁDEVOS. AGARDÁMOSVOS.
Blogue: anpaouteirodevea.blogspot.com
Facebook: ANPA Outeiro de Vea
Correo electrónico: anpaouteirodevea@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario