Hoxe 13 de setembro recibiredes nos vosos domicilios unha circular na que, ademais de presentarse a nova xunta directiva, infórmase dos proxectos e actividades que temos en mente desenvolver ao longo do curso: carné de socio, banco de libros, actividades extraescolares...
Ademais, incluímos unha folla anexa na que se especifican os establecementos comerciais que colaboran coa ANPA ofrecendo descontos e promocións aos socios.
Podes ver a comunicación, premendo aquí.Así será o carné de socio da ANPA |
Por último, lembrade que haberá quendas dos membros da xunta directiva ata o 11 de outubro para que poidades pagar persoalmente a cota, apuntarvos ás actividades ou aclarar calquera dúbida que vos xorda.
Ditas quendas serán no local da ANPA de luns a venres de 9:00 a 9:30 e os martes de 16:00 a 17:00 horas.
Son 15 euros ao ano que para @s nos@s fill@s supoñen moito.
FAITE SOCIO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario