Desta maneira comezou esta mañá Raquel Queizás a súa actuación no cole: enganchando! E así foi ata o remate do espectáculo. Non había máis que mirar as caras de ledicia dos nenos e nenas e, por que non dicilo, aos non tan nenos.
En definitiva, unha sesión de contacontos do máis ameno e entretido que fixo felices por unha hora aos que alí estabamos.
Desde a ANPA queremos agradecer ao cole por permitirnos desenvolver esta actividade en horario lectivo co fin de que todos os nenos e nenas puideran disfrutala.
Ningún comentario:
Publicar un comentario