venres, 12 de setembro de 2014

Actividade extraescolar: Natación

Como xa vos informamos na circular enviada aos vosos domicilios, para este curso temos dúas piscinas interesadas en colaborar connosco para impartir os cursos de natación cos seguintes horarios:


  •       Piscina da Estrada: luns de 17:15 a 18:00

  •       Piscina da Ramallosa: luns de 17:45 a 18:30





Como as prazas e os prazos son limitadas, cómpre que anotedes aos vosos fillos e fillas canto antes pasando polo local da ANPA o luns 15, martes 16 e mércores 17 en horario de 9:00 a 9:30 ou o martes 16 en horario de 16:00 a 16:30

En caso de que o número de solicitudes sexa maior ao número de prazas ofertadas, levarase a cabo un sorteo público das prazas que terá lugar o vindeiro mércores 17 de setembro ás 20:00 no local da ANPA.


Lembrade que para poder anotarse a calquera actividade extraescolar é IMPRESCINDIBLE ser socio da ANPA e estar ao corrente do pago da cota anual de 15 euros.

2 comentarios:

Unknown dixo...

anpaouteirodevea dixo...

Ola! As prazas da piscina da Ramallosa están todas cubertas. De feito, había máis peticións que prazas dispoñibles polo que, como estaba previsto, o mércores fixemos un sorteo público para adxudicalas.

Onde si quedan prazas libres (poucas) é na da Estrada. Se estiveras interesada, prégoche nolo fagas saber o máis rapidamente posible para tomar nota dos datos, ben no local da ANPA nas quendas habituais ou ben a través do noso correo electrónico.
Grazas
Un saúdo.