Estimadas familias,
Detallámosvos a continuación as actividades extraescolares para as que se formou grupo este
curso:
➢ Prégase que, dentro do posible, os nenos e nenas cheguen 5 min. antes do comezo
das actividades, para poder aproveitar o horario ao máximo.
➢ No caso da actividade de natación, os nenos e nenas deben levar, ademais de
bañador, gorro e chanclas. Importante: ás 17:45 h. comeza a actividade, co cal a esa
hora deben estar xa no interior das instalacións, sentados nos bancos que hai a carón
da piscina.
➢ O pago das actividades levarase a cabo no local da ANPA, no primeiro día de mes en
que cadre cada actividade.
Grazas pola vosa colaboración!
Ningún comentario:
Publicar un comentario