martes, 21 de outubro de 2025

venres, 5 de setembro de 2025

Convocatoria Asemblea

 

CONVOCATORIA ASEMBLEA

ANPA Outeiro de Vea do CEIP Manuel Villar Paramá

 

Convócase aos socios e socias a unha asemblea que terá lugar o vindeiro 23 de setembro, ás 19:00 horas en primeira convocatoria e 19:30 horas en segunda convocatoria, no local da ANPA sito no CEIP Manuel Villar Paramá, Outeiro de Vea, 6, San Xurxo de Vea, con arranxo a seguinte:

Orde do día:

Primeiro: Cambio de directiva.

Segundo: Actividades extraescolares.

Terceiro: Plan madruga.

Cuarto: Rogos e preguntas.

 

A Estrada, 5 de setembro de 2025


NOTA: 

Lembrámosvos que a ANPA é un importante órgano de comunicación entre as familias e o centro educativo. Día a día traballamos para que os nosos nenos e nenas gocen do mellor entorno educativo posible. Por iso, pedímosvos a vosa participación para coñecer as necesidades e inquietudes das familias asociadas.

mércores, 3 de setembro de 2025

Plan madruga

Bo día, dende a directiva da ANPA estamos a estudar a posibilidade de contratar o Plan Madruga. Este sería xestionado por nós, xa que non o levaría a consellería e o colexio como no caso do comedor. 

Para ver a viabilidade, precisamos que nos notifiquedes canto antes cantas familias estaríades interesadas. 

Podedes facelo a través do noso correo:

anpaouteirodevea@gmail.com


martes, 10 de outubro de 2023

Reunión de comezo de curso

Estimadas familias,


    Este mércores, 11 de outubro, celebraremos ás 20:30 h. a reunión de comezo de curso. Nela daremos a benvida especialmente ás novas familias que este ano se incorporan á comunidade educativa do CEIP Manuel Vilar Paramá, pero está aberta tamén a todas aquelas persoas que queiran participar, aportar ideas ou solucionar algunha cuestión.


Animádevos a participar!

venres, 15 de setembro de 2023

Benvidos ao novo curso 2023/2024

Estimadas familias:

Comeza un novo curso e dende a ANPA queremos darvos a benvida a todas.
En primeiro lugar, poñemos no voso coñecemento que houbo algúns cambios na xunta directiva da ANPA; algunhas seguimos despois de varios anos, e outras asumen por primeira vez estas funcións, mais todas temos un único obxectivo común: velar polo benestar dos nosos fillos e fillas e construír diálogo entre as familias e o centro.

Como xa saberedes, o comedor escolar pasa a depender da Xunta este curso, o cal
supón algúns cambios importantes. Aínda que este servizo xa non dependa
directamente da ANPA, seguiremos prestando a nosa colaboración para que todo
marche ben, tendo en conta que o comedor xoga un papel importante para a conciliación no caso de moitas familias. Nesta liña de mellora da conciliación familiar e laboral, estamos a traballar para que se abra o servizo de biblioteca este curso, e tamén exploraremos a posibilidade de solicitar o Plan Madruga, no caso de que haxa suficientes familias interesadas.

Do mesmo xeito que en anos anteriores, propoñemos unha ampla oferta de actividades extraescolares que compaxinan os horarios co comedor, para facilitar a conciliación. Agardamos que as actividades sexan do voso agrado e que vos animedes a participar nelas.

No apartado de actividades extraescolares do blog tedes xa colgadas as que vos propoñemos para este ano.

Xa para rematar, lembrámosvos que a ANPA é un importante órgano de comunicación entre as familias e o centro educativo. Día a día traballamos para que os nosos nenos e nenas gocen do mellor entorno educativo posible. Por iso, pedímosvos que non dubidedes en contactar connosco para facernos chegar as vosas suxestións ou inquedanzas (anpaouteirodevea@gmail.com). Ademais, este ano imos poñer en funcionamento unha lista de difusión de Whatsapp (adxuntamos impreso de inscrición).


A cota de afiliación á ANPA é a mesma ca en anos anteriores, 15 euros anuais por
familia. Ser socios é indispensable para poder inscribirse nas actividades extraescolares, e é un xeito de contribuír a que sigamos avanzando para mellorar o paso dos nosos nenos e nenas pola etapa de Infantil e Primaria. Podedes aboar a cota de dous xeitos:

- Facendo un ingreso na conta da ANPA en ABANCA: ES23-2080-5107-11-3040002546, indicando o nome da familia que realiza o pagamento.

- No local da ANPA haberá persoal da directiva que cobrará en efectivo o xoves
21 de 15:00 a 16:00 h. e o venres 22 de setembro, de 9:00 a 10:00 h.

Este ano pedímosvos tamén unha autorización para poder publicar aquí imaxes das actividades que organizamos do centro (actividades extraescolares, chocolatada, merenda e xornada lúdica de fin de curso,...)


ASOCIÁDEVOS. AGARDÁMOSVOS.

Blogue: anpaouteirodevea.blogspot.com

Facebook: ANPA Outeiro de Vea

Correo electrónico: anpaouteirodevea@gmail.com

xoves, 22 de xuño de 2023

Asemblea Extraordinaria de Socios

Este xoves 22 de Xuño, no local da ANPA, terá lugar ás 20:30 en primeira convocatoria e ás 21:00 en segunda convocatoria unha asemblea extraordinaria de soci@s.

Orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Estado de contas.
3. Presentación de candidaturas para a renovación da Xunta Directiva de cara ao vindeiro curso 23/24.
4. Renovación de membros da ANPA.
5. Informe dos acordos e peticións no consello escolar.
6. Rogos e preguntas.

Pregamos a asistencia de todos os socios.

mércores, 10 de maio de 2023

martes, 11 de abril de 2023

mércores, 1 de marzo de 2023

mércores, 1 de febreiro de 2023

Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria

ANPA Outeiro de Vea

Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria

Convócase a todos os socios e socias da ANPA Outeiro de Vea a unha Asemblea Xeral Extraordinaria, que terá lugar no local da ANPA (planta baixa do edificio principal do CEIP Manuel Villar Paramá) o martes 14 de febreiro, ás 20:00 h en primeira convocatoria e ás 20:30 h en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

    1. Aprobación da actualización dos estatutos da asociación.

    2. Informe das últimas solicitudes realizadas pola ANPA.

    3. Rogos e preguntas.

A actualización dos estatutos inclúe a modificación do artigo 16, no que se recolle a normativa para a formación da Xunta Directiva. Actualmente, precísanse un presidente, un vicepresidente, un secretario, un tesoureiro e seis vogais para formar a Xunta. A modificación que se presenta para a súa aprobación é a que segue:

    Artigo 16. A Xunta Directiva estará formada por un Presidente/a, un Vicepresidente/a, un Secretario/a, un Tesoureiro/a e dous vogais.

Os socios e socias da ANPA poden formular as suxestións que estimen convenientes ao respecto desta modificación, nun prazo de sete días, é dicir, até o día 8 de febreiro. Ditas suxestións deben dirixirse á secretaría da ANPA mediante correo electrónico (anpaouteirodevea@gmail.com).

Dada a importancia dos asuntos que se debaterán nesta Asemblea, pregamos encarecidamente a vosa asistencia á mesma.

Grazas pola vosa colaboración.

ANPA Outeiro de Vea, 1 de febreiro de 2023.

Menú febreiro

 

luns, 9 de xaneiro de 2023

luns, 12 de decembro de 2022

martes, 1 de novembro de 2022

venres, 7 de outubro de 2022

xoves, 29 de setembro de 2022

Actividades extraescolares para o curso 2022/2023

Estimadas familias,

Detallámosvos a continuación as actividades extraescolares para as que se formou grupo este curso:
➢ Prégase que, dentro do posible, os nenos e nenas cheguen 5 min. antes do comezo das actividades, para poder aproveitar o horario ao máximo. 

➢ No caso da actividade de natación, os nenos e nenas deben levar, ademais de bañador, gorro e chanclas. Importante: ás 17:45 h. comeza a actividade, co cal a esa hora deben estar xa no interior das instalacións, sentados nos bancos que hai a carón da piscina. 

➢ O pago das actividades levarase a cabo no local da ANPA, no primeiro día de mes en que cadre cada actividade. 

Grazas pola vosa colaboración!

venres, 9 de setembro de 2022

Proposta de Actividades extraescolares para o curso 2022/23

Detallámosvos a continuación a oferta de actividades extraescolares que propoñemos para este curso:

- Técnicas de estudo: de 16:00 h a 17:00 h os luns e mércores. Imparte Aa40Estudo.

Axuda para que os nenos e nenas aprendan a resumir, facer esquemas e traballar con todo tipo de técnicas que lle faciliten a comprensión e aprendizaxe. 

O custo é de 45 €/mes dous días; ou 25€/mes un só día. Desconto de 2€ para o segundo irmán ou sucesivos.

- Natación: de 17:45 h a 18:30 h, os luns. Piscina climatizada de Teo. 

Nenos e nenas a partir de 4 anos. 30€/trimestre. 

- Robótica: de 16:00 h a 17:00 h, os martes. Imparte Aa40Estudo. 

Inclúe todo o material necesario para as clases. 25 €/mes. 

- Zumba: de 16:00 h a 17:00 h, os mércores. Imparte Priscila. 

O custo é de 10€/mes.

- Baile: de 16:00 h a 17:00 h, os xoves. Imparte SondoDance. 

O custo é de 12€/mes, 10€ para irmáns. 

- Patinaxe/Hockey: de 16:00 h a 17:30 h, os venres. Imparte DiverPatin. 

O custo é de 20€/mes. 

Pregámosvos que nos notifiquedes se tedes interese por algunha das actividades o vindeiro luns 12 de setembro, para coñecer canto antes a demanda de cada unha e ver se é posible poñelas en marcha.

Recordarvos tamén que para realizar as actividades promovidas pola ANPA hai que ser socio do mesma, facendo o pago da cota anual de 15€ por familia cómo se indica na carta de benvida.

Se algunha familia non recibiu a carta coas actividades e formulario anexo para anotarse, é suficiente con que nos indique o nome do neno ou nena e as actividades que son do seu interese. Poden facelo enviándonos unha nota ao colexio, por correo electrónico ou whatsapp.

Dámosvos a benvida a un novo curso escolar

Estimadas familias: 

Comeza un novo curso e dende a ANPA queremos darvos a benvida a todas. 

Agora que por fin volvemos a unha relativa normalidade, tras ter pasado os complicados tempos marcados pola pandemia, estamos traballando aínda con máis ilusión para consolidar o comedor escolar; este servizo, tan demandado en anos anteriores, botou a andar o curso pasado e demostrou ser un elemento de conciliación moi importante. É por iso que vos animamos a facer uso do mesmo, e agradecemos a colaboración de todas as familias que xa o utilizan. 

Este curso propoñemos tamén unha oferta ampla de actividades extraescolares, compaxinando os seus horarios co do comedor para facilitar un pouquiño máis a conciliación. Animámosvos a participar nestas propostas, que agardamos sexan do voso agrado. 

Por último, lembrámosvos que seguimos traballando e colaborando co centro e as familias para que os nosos nenos e nenas gocen do mellor entorno educativo posible. Non dubidedes en contactar connosco para facernos chegar as vosas suxerencias ou inquedanzas. 

A cota de afiliación á ANPA é a mesma ca en anos anteriores, 15 euros anuais por familia. Ser socios é indispensable para poder inscribirse nas actividades extraescolares, e é un xeito de contribuír a que sigamos avanzando para mellorar o paso dos nosos nenos e nenas pola etapa de Infantil e Primaria. Podedes aboar a cota de dous xeitos: 

1. Facendo un ingreso na conta da ANPA en ABANCA, indicando o nome da familia que realiza o pagamento. 

ES23-2080-5107-11-3040002546

2. No local da ANPA haberá persoal da directiva que cobrará en efectivo o luns 12 de setembro de 9:00 a 11:00 h. 

ASOCIÁDEVOS. AGARDÁMOSVOS. 
Blogue: anpaouteirodevea.blogspot.com 
Facebook: ANPA Outeiro de Vea 
Correo electrónico: anpaouteirodevea@gmail.com

mércores, 7 de setembro de 2022

Comezamos o comedor escolar có novo curso

Comezamos un novo curso có comedor escolar. Cómo xa sucedía o ano pasado, cando se queira anotar algún neno ou nena para días soltos debe facerse antes das 9 da mañá do día no que quedaría a comer no centro.


Para anotarse deberán facelo a través do seguinte teléfono 603805687.
Deixamos aquí o menú deste mes.


Recordarvos tamén que para facer uso do comedor é necesario que sexades socios da ANPA realizando o pago anual de 15€ por familia, como se indica na carta de benvida.