ANPA Outeiro de Vea
Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria
Convócase a todos os socios e socias da ANPA Outeiro de Vea a unha Asemblea Xeral Extraordinaria, que terá lugar no local da ANPA (planta baixa do edificio principal do CEIP Manuel Villar Paramá) o martes 14 de febreiro, ás 20:00 h en primeira convocatoria e ás 20:30 h en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1. Aprobación da actualización dos estatutos da asociación.
2. Informe das últimas solicitudes realizadas pola ANPA.
3. Rogos e preguntas.
A actualización dos estatutos inclúe a modificación do artigo 16, no que se recolle a normativa para a formación da Xunta Directiva. Actualmente, precísanse un presidente, un vicepresidente, un secretario, un tesoureiro e seis vogais para formar a Xunta. A modificación que se presenta para a súa aprobación é a que segue:
Artigo 16. A Xunta Directiva estará formada por un Presidente/a, un Vicepresidente/a, un Secretario/a, un Tesoureiro/a e dous vogais.
Os socios e socias da ANPA poden formular as suxestións que estimen convenientes ao respecto desta modificación, nun prazo de sete días, é dicir, até o día 8 de febreiro. Ditas suxestións deben dirixirse á secretaría da ANPA mediante correo electrónico (anpaouteirodevea@gmail.com).
Dada a importancia dos asuntos que se debaterán nesta Asemblea, pregamos encarecidamente a vosa asistencia á mesma.
Grazas pola vosa colaboración.
ANPA Outeiro de Vea, 1 de febreiro de 2023.
Ningún comentario:
Publicar un comentario