Esta mañá os nenos e nenas do Villar Paramá deron un paso adiante para reivindicar a nosa lingua polas rúas da Estrada co gallo da celebración do
Correlingua 2016.
Baixo o lema O galego está en nós, inspirado nun poema de Manuel María, a rapazada e a chavalada dos colexios e institutos da Estrada (ademais do alumnado dos IES de Silleda e de Forcarei) congregouse na praza da feira da Estrada para percorrer xuntos algunha das rúas da vila nun acto simbólico cuxo fin último é a defensa da nosa lingua e da nosa cultura.
Se premedes na fotografía, poderedes ver algunha das imaxes da xornada.
 |
| PREME NA IMAXE PARA ACCEDER ÁS DEMAIS FOTOGRAFÍAS |