Amosando publicacións coa etiqueta Saída. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saída. Amosar todas as publicacións

martes, 31 de maio de 2016

Correlingua 2016

Esta mañá os nenos e nenas do Villar Paramá deron un paso adiante para reivindicar a nosa lingua polas rúas da Estrada co gallo da celebración do Correlingua 2016

Baixo o lema O galego está en nós, inspirado nun poema de Manuel María, a rapazada e a chavalada dos colexios e institutos da Estrada (ademais do alumnado dos IES de Silleda e de Forcarei) congregouse na praza da feira da Estrada para percorrer xuntos algunha das rúas da vila nun acto simbólico cuxo fin último é a defensa da nosa lingua e da nosa cultura. 
Se premedes na fotografía, poderedes ver algunha das imaxes da xornada.

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER ÁS DEMAIS FOTOGRAFÍAS



luns, 23 de maio de 2016

Excursión a Marcelle

Por segundo ano consecutivo, desde a ANPA organizamos unha saída a modo excursión fin de curso co fin de disfrutar dun día diferente no que compartir experiencias. O destino escollido nesta ocasión: o Parque Natureza de Marcelle.


Por fortuna, e a pesar de que durante a semana ameazaba chuvia, o ceo comportouse e coidamos que as familias (nenos e maiores) pasaron un día do máis agradable.
Velaquí vos deixamos algunhas das imaxes da aventura!

luns, 1 de xuño de 2015

Excursión ao Grove

Onte domingo foi un día especial para as familias da ANPA Outeiro de Vea xa que por primeira vez organizabamos unha excursión a modo de xornada de convivencia familiar. A experiencia, ademais de colmar as nosas expectativas, coidamos que deixou un bo sabor de boca entre os participantes.


O destino escollido foi a península do Grove e alí, a pesares de que a metereoloxía case nos xoga unha mala pasada, puidemos desenvolver o programa previsto: visita ao Acuario, subida ao mirador de Siradella, viaxe en catamarán e visita á illa da Toxa.

Estas son algunha das imaxes que forman a reportaxe fotográfica da xornada!


SE NON PODEDES VER AS FOTOS PREMEDE AQUÍ

domingo, 15 de xuño de 2014

Ruta dos muíños

Cinco da tarde. O sol quentaba pero unha leve brisa facía que a sensación fose máis que agradable. Unha trintena de expedicionarios, mochila ao lombo, dispuxéronse a adentrarse na parroquia de Couso para descubrir, un a un, os sete muíños que se agochan a carón do río Vea. Paraxes idílicas, natureza salvaxe, fauna autóctona. Camiñar entre rochas e vexetación. Tres horas de paseo guiados polos membros da Asociación A Xesteira (mil grazas!)  que nos fixeron valorar eses pequenos recunchos que temos tan preto e que, moitas veces, descoñecemos ou renegamos da súa beleza. 




A Ruta dos Muíños de Couso. Os que fostes, seguro que disfrutástedes da experiencia; os que non, convidámosvos a coñecela. Paga, e moito, a pena!


mércores, 11 de xuño de 2014

Ruta dos Muíños en Couso

Se a climatoloxía o permite (que parece que si...) o vindeiro sábado día 14, membros da Asociación A Xesteira de Couso acompañarannos para realizar a denominada Ruta dos Muíños. Como nun principio esta actividade estaba prevista para o día 7 e tivemos que aprazala polo mal tempo, todas aquelas familias que estean interesadas en asistir quedan citadas ás 17:00 horas no mesón A Outeira.

Serán un par de horiñas de paseo na que os nenos e nenas disfrutarán da natureza na compaña das súas familias. Animádevos!