mércores, 28 de setembro de 2016
luns, 12 de setembro de 2016
Benvidos ao curso 2016/2017!
As nosas nenas e nenos volven ás aulas un curso máis, cheo de retos, de estímulos, de xogos e de experiencias. Neste percorrido eles e elas, os cativos, son os protagonistas, pero dende as casas as súas familias tamén os acompañamos neste camiño.
Para facelo xuntos, propoñémosvos que a ANPA sexa o noso punto de encontro común, onde sexa doado comunicarnos e axudarnos ante calquera obstáculo.
E para mellorar esa comunicación entre todos e todas, tedes, ademais deste blogue ou do correo electrónico (anpaouteirodevea@gmail.com) unha nova ferramenta: a nosa páxina do Facebook. Podes acceder a ela premendo na icona da dereita ou, simplemente, escribindo ANPA Outeiro de Vea no buscador.
Ah!! Non esquezas darlle ao Gústame
luns, 20 de xuño de 2016
Nº 12 da Revista Outeiro
So premedes na imaxe accederedes ao número 12 da Revista Outeiro, editada pola Equipa de Dinamización da Lingua Galega do colexio.
TODA A INFORMACIÓN AQUÍ
TODA A INFORMACIÓN AQUÍ
sábado, 11 de xuño de 2016
Judoland 2016
O pasado mércores celebramos nas instalacións do colexio, e en colaboración con Judo Compostela, o Judoland 2016; a festa fin de curso da actividade extraescolar de judo na que os nenos e nenas das familias asociadas á ANPA puideron disfrutar non só da práctica do deporte senón de xogos, inchables, discoteca infantil e unha refrescante festa da escuma!
| PREME NA IMAXE PARA ACCEDER ÁS FOTOGRAFÍAS |
martes, 31 de maio de 2016
Correlingua 2016
Esta mañá os nenos e nenas do Villar Paramá deron un paso adiante para reivindicar a nosa lingua polas rúas da Estrada co gallo da celebración do Correlingua 2016.
Baixo o lema O galego está en nós, inspirado nun poema de Manuel María, a rapazada e a chavalada dos colexios e institutos da Estrada (ademais do alumnado dos IES de Silleda e de Forcarei) congregouse na praza da feira da Estrada para percorrer xuntos algunha das rúas da vila nun acto simbólico cuxo fin último é a defensa da nosa lingua e da nosa cultura.
luns, 23 de maio de 2016
Excursión a Marcelle
Por segundo ano consecutivo, desde a ANPA organizamos unha saída a modo excursión fin de curso co fin de disfrutar dun día diferente no que compartir experiencias. O destino escollido nesta ocasión: o Parque Natureza de Marcelle.
Por fortuna, e a pesar de que durante a semana ameazaba chuvia, o ceo comportouse e coidamos que as familias (nenos e maiores) pasaron un día do máis agradable.
Velaquí vos deixamos algunhas das imaxes da aventura!
Por fortuna, e a pesar de que durante a semana ameazaba chuvia, o ceo comportouse e coidamos que as familias (nenos e maiores) pasaron un día do máis agradable.
Velaquí vos deixamos algunhas das imaxes da aventura!
venres, 26 de febreiro de 2016
III Concurso Exposición da Camelia
Os corredores e as aulas do cole locen fachendosas engalanadas na honra da camelia. Os profesores e alumnos están preparando todo para o que será o III Concurso-Exposición da Camelia que celebraremos o vindeiro martes 1 de marzo.
Arte floral e expresión artística tendo como fío condutor esta maxestuosa flor de inverno.
Agardámosvos!
venres, 18 de decembro de 2015
Chocolatada de Nadal!
Un ano máis, a ANPA quixo convidar a todo o alumnado e profesorado do colexio a un reconfortante chocolatiño quente coas súas respectivas rosquiñas para "mollar". FOTOS
Esta foi a doce maneira de despedir o trimestre e, de paso, desexarlles a todos unhas boas FESTAS! Vémonos no 2016!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)






