luns, 2 de outubro de 2017

Actividades Extraescolares Curso 2017/2018

Desde hoxe luns xa están en marcha as actividades extraescolares para este curso!!



mércores, 13 de setembro de 2017

Visita do Concelleiro de Educación

Xa empezou un novo curso!


Temos por diante nove meses de experiencias e aprendizaxe, e dende a ANPA queremos poñernos á vosa disposición para facermos o camiño xuntos. A experiencia dinos que canto máis estreita sexa a colaboración entre as casas e a escola, mellor é o resultado, e a ANPA é o vehículo que o posibilita.
Así que convidamos a todas as familias a asociarvos e participar, para facer aínda máis fluída a comunicación co centro, e para colaborar en todo o posible co equipo docente e profesional da escola.

Visita á aula de 5º Primaria.
Fotografía: Faro de Vigo (Adrián Rei)

E, para comezar o curso, onte martes día 12, recibimos a visita do Concelleiro de Educación, D. Román Rodríguez e da Concelleira de Infraestruturas e Vivenda, Dna. Ethel Vázquez, acompañados polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, D. José Manuel Cores Tourís, o xefe territorial de Educación, D. César Pérez Ares, así como do alcalde e da concelleira de Educación do Concello da Estrada.

O acto serviu como presentación do novo servizo de transporte compartido posto en marcha neste curso e que, no noso colexio, afecta á liña da empresa Express de Vea.



Aproveitando a visita, tanto a dirección do centro coma os membros da ANPA, transmitímoslle ao concelleiro e as autoridades presentes as necesidades do noso colexio a nivel de mellora das infraestruturas.


martes, 6 de xuño de 2017

Excursión ao "Fin da Terra"

Agradable día de convivencia entre as familias o que vivimos o pasado domingo na excursión á Costa da Morte. Un centenar de persoas, entre grandes e pequenos, achegámonos á fascinante historia do Castelo de Vimianzo, disfrutamos da fermosura da fervenza do Ézaro ou chegamos, pasiño a pasiño, ao "fin da terra"... Incluso algún se puxo a remollo na praia!!
Estas son algunhas das imaxes da viaxe!

PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOGRAFÍAS

xoves, 22 de decembro de 2016

Nadal de chocolate!!

Como vén sendo habitual nos últimos anos, a ANPA convidou ao todo o alumnado e profesorado do colexio a unha saborosa chocolatada aproveitando o último día de clase neste ano 2016. Preme na imaxe para acceder ás fotografías. BO NADAL A TOD@S!


MÁIS IMAXES NA WEB DO COLEXIO


luns, 31 de outubro de 2016

Samaín 2016

Noite meiga.
De bruxas e pantasmas.
De espíritos e de vampiros...
e de arrepiantes cabazas!

Durante esta semana o noso colexio preparouse para a noite de Samaín!

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER
ÁS FOTOGRAFÍAS DA EXPOSICIÓN DO SAMAÍN

Ademais...

luns, 12 de setembro de 2016

Benvidos ao curso 2016/2017!


As nosas nenas e nenos volven ás aulas un curso máis, cheo de retos, de estímulos, de xogos e de experiencias. Neste percorrido eles e elas, os cativos, son os protagonistas, pero dende as casas as súas familias tamén os acompañamos neste camiño.
Para facelo xuntos, propoñémosvos que a ANPA sexa o noso punto de encontro común, onde sexa doado comunicarnos e axudarnos ante calquera obstáculo.


E para mellorar esa comunicación entre todos e todas, tedes, ademais deste blogue ou do correo electrónico (anpaouteirodevea@gmail.com) unha nova ferramenta: a nosa páxina do Facebook. Podes acceder a ela premendo na icona da dereita ou, simplemente, escribindo ANPA Outeiro de Vea no buscador.
Ah!! Non esquezas darlle ao Gústame

luns, 20 de xuño de 2016

Nº 12 da Revista Outeiro

So premedes na imaxe accederedes ao número 12 da Revista Outeiro, editada pola Equipa de Dinamización da Lingua Galega do colexio.


TODA A INFORMACIÓN AQUÍ