Por segundo ano consecutivo, desde a ANPA organizamos unha saída a modo excursión fin de curso co fin de disfrutar dun día diferente no que compartir experiencias. O destino escollido nesta ocasión: o Parque Natureza de Marcelle.
Por fortuna, e a pesar de que durante a semana ameazaba chuvia, o ceo comportouse e coidamos que as familias (nenos e maiores) pasaron un día do máis agradable.
Velaquí vos deixamos algunhas das imaxes da aventura!
luns, 23 de maio de 2016
venres, 26 de febreiro de 2016
III Concurso Exposición da Camelia
Os corredores e as aulas do cole locen fachendosas engalanadas na honra da camelia. Os profesores e alumnos están preparando todo para o que será o III Concurso-Exposición da Camelia que celebraremos o vindeiro martes 1 de marzo.
Arte floral e expresión artística tendo como fío condutor esta maxestuosa flor de inverno.
Agardámosvos!
venres, 18 de decembro de 2015
Chocolatada de Nadal!
Un ano máis, a ANPA quixo convidar a todo o alumnado e profesorado do colexio a un reconfortante chocolatiño quente coas súas respectivas rosquiñas para "mollar". FOTOS
Esta foi a doce maneira de despedir o trimestre e, de paso, desexarlles a todos unhas boas FESTAS! Vémonos no 2016!
martes, 24 de novembro de 2015
Charla e Exposición sobre o liño
Durante estes días temos a posibilidade de visitar no colexio unha exposición sobre o liño e todo o que rodea o seu proceso de transformación. Ademais desta mostra, cedida pola Asociación Cultural Tamparrantán, o alumnado tivo a posibilidade de asistir á unha charla explicativa desenvolvida por Manuel Rodríguez.
Podedes acceder a todas as imaxes desta actividade organizada conxuntamente polo centro e a ANPA premendo AQUÍ.
Podedes acceder a todas as imaxes desta actividade organizada conxuntamente polo centro e a ANPA premendo AQUÍ.
mércores, 30 de setembro de 2015
Actividades Extraescolares 2015/2016
Finalmente, serán tres as actividades extraescolares coordinadas pola ANPA que se desenvolverán para este curso 2015/2016:
LUNS Natación
Aproveitamos para informar aos pais e nais dos nenos e nenas que acoden a judo e a fútbol, actividades que se desenvolven no recinto escolar, que os proxenitores deberán agardar á chegada do monitor da actividade acompañando aos menores así como recollelos puntualmente ao remate da actividade.
LUNS Natación
- Piscina da Ramallosa 1ª Quenda 16:15/17:00 2ª Quenda 17:45/18:30
- Pîscina da Estrada 17:15 / 18:00
MÉRCORES Judo
- Terá lugar no salón de usos múltiples do colexio de 16:00 a 17:00.
XOVES Fútbol
- Terá lugar no pavillón do colexio de 16:00 a 17:30.
Aproveitamos para informar aos pais e nais dos nenos e nenas que acoden a judo e a fútbol, actividades que se desenvolven no recinto escolar, que os proxenitores deberán agardar á chegada do monitor da actividade acompañando aos menores así como recollelos puntualmente ao remate da actividade.
Ante posibles
eventualidades como o retraso do monitor, os nenos e nenas non poden quedar sós
no recinto escolar sen a vixianza dun adulto. Sempre que sexa posible, os
membros da xunta directiva da ANPA colaborarán nesta tarefa, pero é
responsabilidade dos pais e nais asegurarse de que os seus fillos e fillas
están baixo a custodia do monitor da actividade.
venres, 18 de setembro de 2015
Proposta de actividades Extraescolares
Como vos indicamos na circular enviada hoxe, xa temos a proposta de actividades extraescolares para este novo curso 2015/2016. Tedes ata o vindeiro mércores 23 de setembro para facernos saber os vosos intereses e peticións co fin de confirmalas canto antes.
Esta á a proposta coas datas, prezos e lugares de celebración das actividades:
LUNS Natación (CONFIRMADA)
- Piscina da Ramallosa 1ª Quenda 16:15 - 17:00 2ª Quenda 17:45 - 18:30
- Piscina da Estrada 17:15 - 18:00
MARTES Manualidades Prezo 18 €/mensuais
- Local da ANPA 16:00 a 17:00
MÉRCORES Judo Prezo 15 €/mensuais
- Aula usos múltiples do colexio de 16:00 a 17:00
MÉRCORES Informática Prezo 18 €/mensuais
- Aula informática do colexio de 16:00 a 17:00
XOVES Inglés - Inmersión lingüística Prezo 18 €/mensuais
- Local da ANPA de 16:00 a 17:00 ou de 17:00 a 18:00 (por grupos de idade)
XOVES Fútbol Prezo 12€/mensuais
- Pavillón do colexio de 16:00 a 17:30
xoves, 17 de setembro de 2015
Chándales

Un ano máis a ANPA será a encargada de xestionar o pedido dos chándales do colexio para este curso. Xa sabedes que é importante que os nenos e nenas conten con esta prenda xa que, ademais de usala en educación física, o colexio solicita que a leven posta cando fan algunha saída didáctica co fin de facilitarlle o traballo de recoñecemento do alumnado.
Podedes pasar polo local da ANPA nos horarios habituais para verificar as tallas dos vos@s nen@s ata o vindeiro mércores. Lembrade que as chaquetas, unha vez pedidas, non se poden cambiar.
venres, 11 de setembro de 2015
Benvidos ao curso 2015/2016
As aulas da nosa escola volven abrir as súas portas,
empeza un curso novo, outra etapa, chea
de retos, e a directiva da Anpa quere lembrarvos que estamos aquí para
acompañarvos neste camiño emocionante das vidas dos nosos pequenos e pequenas.
![]() |
| Imaxe das obras realizadas este verán e financiadas polo Concello da Estrada |
Este ano empezamos con parabéns para todos e todas. Grazas
á unión e ao traballo conxunto de toda a comunidade educativa, por fin o
alumnado pode pasar dun edificio ao outro sen mollarse cando chove. Despois dun
proceso longo, xa hai tellado no acceso que comunica os dous espazos, unha
vella reivindicación desta escola, e particularmente desta Anpa. Así que
inauguramos curso académico coa satisfacción de ver cumprida unha das peticións
históricas do centro.
Tamén queremos comunicarvos que segue en funcionamento o noso
Banco de Libros. Propoñémosvos que continuedes colaborando na xestión deste
intercambio, que tantas familias leva beneficiado no tempo que leva en marcha
esta iniciativa. Falamos de vantaxes económicas, por suposto, pero tamén de
vantaxes educativas e de concienciación para os cativos, da lección que
compartimos con eles sobre a necesidade de coidar o material, de ser
responsables coas súas cousas, e do importante que é saber compartir o que se
ten, de ser xeneroso cos demais. A solidariedade como materia extra-curricular.
Ademais, a Anpa seguirá organizando actividades
extraescolares. En poucos días irémosvos consultando sobre as vosas
preferencias, e informarémosvos de prezos e horarios. Por suposto,
continuaremos colaborando nos festexos escolares nos que as familias teñamos
cabida.
Que teñades todos e todas un curso marabilloso!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





